Get Even More Visitors To Your Blog, Upgrade To A Business Listing >>

Xornalismo patético (ou cando unha cara bonita non abonda)

Parece que La Sexta, a canle “progre” do grupo Atresmedia (Antena 3, La Sexta, Onda Cero, Gol tv, Planeta, etc.), anda preocupada ultimamente coa baixa implantación da extrema dereita en España (por debaixo do 5%). Leva unhas semanas facendo “xornalismo de investigación” sobre diferentes grupúsculos: España 2000, Plataforma per Catalunya, Falange, alcalde de Garínoain (Derecha Navarra y Española), etc.

Onte, Ana Pastor, a condutora de El Objetivo, que hai poucas semanas fixo bo ao ministro Wert, ofreceu un espantoso ridículo coa súa entrevista á líder ultradereitista francesa Marine Le Pen. Ao máis puro estilo do “burlador burlado” foi a xornalista quen perdeu os papeis máis dunha vez, tendo que recorrer ao tópico de que “la protagonista es usted, no yo”, cando a Le Pen lle inquería sobre si a xornalista acollera algún emigrante na súa casa. Mentres, a política ultra mantivo a compostura e a calma en todo momento.

Acudiu a Pastor á entrevista pensando que cos consabidos e manidos tópicos (xenofobia, homofobia, ...) serían suficientes para deixar en evidencia á facha francesa. Tópicos que a francesa, acostumada a tourear en prazas moito máis difíciles, esquivou sen inmutarse.

Pola contra, a xornalista, tan prepotente como frouxa intelectualmente, non foi quen de rebater ningún dos pedestres argumentos da política sobre as cuestións de fondo realmente importantes: discurso antiglobalización, peche de fronteiras, política autárquica, saída do euro, etc.

Si a Le Pen se presentase ás eleccións en España, tería colleitado coa entrevista de onte uns cantos miles de votos.

Se sigue nesta liña, pronto conseguirá La Sexta multiplicar por tres o número de votos da ultradereita española, situándonos así ao nivel dos países europeos máis desenvolvidos.


This post first appeared on A Furada Do Trasno, please read the originial post: here

Share the post

Xornalismo patético (ou cando unha cara bonita non abonda)

×

Subscribe to A Furada Do Trasno

Get updates delivered right to your inbox!

Thank you for your subscription

×