Get Even More Visitors To Your Blog, Upgrade To A Business Listing >>

San Fermín

Esta é Unha desas datas que marcan. Do mesmo xeito que marcan os nomes que nos poñen, os nomes que levan os que te trouxeron ao mundo -feliz santo, miña nai, onde sexa que esteas!- e cada nome que tes que pronunciar para referirte aos do teu círculo.

Onte estiven por Santiago.  A noticia destes días tamén me leva a afondar nesas lembranzas que ten un agochadas, por non visitadas, non porque desapareceran, de cando era pequeno. Eu estudei na Catedral de Santiago, si, dentro da Catedral. Xoguei ao fútbol no claustro, e tamén aos policías e ladróns. Por iso o da descuberta do Codex Calixtinus nun garaxe dun traballador da Catedral faime recordar as nulas medidas de seguranza que alí había: os escolares e monaguillos metíamonos por calquera curruncho e non pasaba nada. Tiñamos esa idade inocente onde o que máis che pode pedir o corpo é roubar un peso para mercar unha bolsa de pipas -si, cando as bolsas de pipas valían un peso, cinco pesetas-. Mais o dos cartos que foi sisando -presuntamente- o fulano si que ten delito: como pode pasar iso? E por que ninguén pon o foco desa noticia nos privilexios medievais da Igrexa católica, que amasa verdadeiras fortunas de cartos negros polos que ninguén lle pide responsabilidade e que non axudan EN NADA á economía do país? Si, certo é que os curas viven -e comen- entre nós. Pero saber que a Igrexa fai aportacións mínimas a Cáritas e que furrula como unha Ong sen que ninguén a audite dá vergoña allea. Que ben viña unha nova desamortización! Pero a nosa democracia é unha broma polo de agora. Está en cueiros. E estes cueiros cada vez feden máis.



This post first appeared on Me Siento Cómodo, please read the originial post: here

Share the post

San Fermín

×

Subscribe to Me Siento Cómodo

Get updates delivered right to your inbox!

Thank you for your subscription

×