Get Even More Visitors To Your Blog, Upgrade To A Business Listing >>

Cortinas de auga

Tags: auga unha

Randearse nun parque pode resultar máis emocionante se o facemos a través dunha cortina de Auga como a do vídeo. Está todo calculado para que non haxa auga no momento en que pases pola vertical.

[youtube:Waterfall Swing – World Maker Faire]

modulos-de-distribucion-de-agua_cortina-de-agua-digital

Imaxe: Safe-Rain

Para crear o muro de auga, esta é bombeada ata a parte superior da estrutura, onde hai unha canle distribuidora na que se sitúan unha serie de electoválvulas, que abrirán ou pecharán o paso da auga ao exterior segundo as ordes eléctricas que reciba dun controlador. Neste caso, uns sensores montados no bambán recollen información sobre o ángulo e a velocidade de cada balanceo e envíana ao controlador que, mediante software, calcula cando se deben abrir e pechar as electroválvulas para que se cree un burato na parede de auga no momento preciso.

Mediante este sistema poden crearse cortinas de auga con letras, gráficos, animacións, efectos luminosos, etc.

Un exemplo podémolo ver neste vídeo, no que se mostra unha fonte na estación de Osaka (Xapón) que, aparte de funcionar coma reloxo indicándonos a hora, entretén a xente con todo tipo de figuras e animacións feitas con auga.

[youtube:Waterfall Graphic Print (Osaka Station City) 1]

Na web de Safe-Rain explican como se fan este tipo de cortinas de auga dixital ou as fontes danzantes que atopamos nas prazas de moitas cidades.

Hai anos fixéramos en 4º unha fonte intermitente utilizando unha bomba de auga controlada por un 555. Cunha placa arduino sería máis fácil de programar, e poderíanse crear efectos curiosos. Queda no aire coma idea para un proxecto de control e robótica.



This post first appeared on Tecnoloxia.org | Tecnoloxía Na Educación Secunda, please read the originial post: here

Share the post

Cortinas de auga

×

Subscribe to Tecnoloxia.org | Tecnoloxía Na Educación Secunda

Get updates delivered right to your inbox!

Thank you for your subscription

×