Get Even More Visitors To Your Blog, Upgrade To A Business Listing >>

O extraño meme das oito cousas

Nunca vin un Meme (algo así como a cadea da peseta dos blogs) tan raruno, pensei que me ia escaquear del pero ao final chegaron os deberes via lourixe. Despois de moito cabilar sobre que carallo facer a lista das 8 cousas, saco a miña vea histórica (e aburrida) e vou falar dos que considero os 8 fitos mais importantes da historia do que hoxe chamamos Galicia (ou Galiza), aí van:

1- A Chegada Dos romanos: 137 a.C, incursión de Décimo Xunio Bruto, que derrotou os Kallaicoi, pobo ao norte do río Douro e que chegou ata o Limia (rio do esquecemento). Pola súa vitoria recibiu o alcume do "Calaico"

2- O priscilianismo: arraigou ben e de xeito duradeiro na Gallaecia. Probabelmente quen estea soterrado en Compostela non sexa o apostolo santiago senon Prisciliano

3- A Chegada dos suevos: 30.000 persoas que só tiñan 8.000 varóns con capacidade para loitar, concéntranse entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Chegaron no ano 409, nomeando rei a Hermerico (409-438)

4- A independencia de Portugal: En 1128 comeza a independencia do Condado Portucalense do Reino de Galiza despois de derrotar D. Afonso Henriques ás tropas da sua nai (Dona Tareixa) e do conde galego Fernan Peres de Trava. Uns anos despois, en 1139, autoproclamase rei de Portugal.

5- As revoltas irmandiñas: Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

6- Descabezamento da nobreza autóctona galega: Pardo de Cela é decapitado en Mondoñedo; Pedro Madruga, conde de Caminha e Soutomaior, arrinconado en Portugal e, posteriormente, asasinado; o conde de Lemos é acantonado na Galicia oriental... comeza a doma e castración do Reino de Galicia

7- O Rexurdimento: Traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica da lingua galego e do sentimento de pertenza a un pobo.

8- Castelao: pai do nacionalismo galego, intelectual comprometido coa terra e o país e un dos artífices do Estatuto de Autonomía do 36


E (putadón) o meme vai pra... [polo d'agora non teño pensada ningunha victima, pero nunca se sabe]



This post first appeared on Diário Dum Suevo, please read the originial post: here

Share the post

O extraño meme das oito cousas

×

Subscribe to Diário Dum Suevo

Get updates delivered right to your inbox!

Thank you for your subscription

×