Get Even More Visitors To Your Blog, Upgrade To A Business Listing >>

11J: Outra data para a infamia

O Despotismo é só iso, non vale poñerlle adxetivos. Nin ilustrado nin sen ilustrar. E iso é o que pasa agora en España: un Goberno que se aupou ao poder enganando á xente e que está a facer todo o contrario do que dixo. 

Un fraude gobernando, e por enriba, con despotismo. Os recortes de Hoxe, aos que se suman os anteriores e os que virán, son unha afrenta ao pobo, un insulto á intelixencia, un xeito de facernos ver que gobernan para os Intereses Dos bancos, das multinacionais (sobre todo eléctricas), que son os que logo que os baixamos da poltrona os sentan de contadiño nos seus consellos de administración. Os paos aos mineiros, con esa policía que empregan para defender o Corte Inglés, para botar á xente fóra das casas e para torturar cando había Eta, son outro indicativo da súa verdadeira faciana. 

Este goberno ten que irse. Temos que botalo. E non podemos consentir que o que veña non faga o que lle interesa ao pobo e se pregue aos intereses dos lobbies alemáns, dos banqueiros suizos ou da nai que os fixo. Este goberno non é o meu, nin me representa. Só sinto desprezo polos que hoxe aplaudiron esta nova malleira aos dereitos dos cidadáns. Calquera integrante do PP que se considere cidadán honrado debería darse hoxe de baixa deste partido, ao que deberían ilegalizar. O terrorismo de estado tamén se practica así: deixando na miseria aos teus cidadáns. 



This post first appeared on Me Siento Cómodo, please read the originial post: here

Share the post

11J: Outra data para a infamia

×

Subscribe to Me Siento Cómodo

Get updates delivered right to your inbox!

Thank you for your subscription

×